Marta G. Franco insta á cidadanÃa a recuperar o control da Internet
venres, 28 de xuño do 2024
A editorial Consonni vén de lanzar o libro Las redes son nuestras, de Marta G. Franco, quen, tras participar en numerosas iniciativas activistas e de dinamización da cultura dixital, quixo facer un repaso da historia da Internet dende un punto de vista social, coa tese de que as grandes empresas roubáronnos a Internet, polo que na súa obra fai un chamamento para recuperar o seu espÃrito inicial.
Para divulgar esta mensaxe, Marta G. Franco está de xira por Galicia, comezando a pasada tarde pola cidade da Coruña, onde, acompañada pola xornalista MarÃa Yáñez, conversou cos asistentes sobre a situación do activismo local e as distintas inquedanzas que están a xurdir na sociedade ante a influencia que está a ter a Internet, e as posibilidades de recuperar o seu control por parte da cidadanÃa.
Na xornada do sábado a autora visitará a librarÃa Lila de Lilith de Santiago de Compostela, onde contará coa presenza do profesor e investigador Alberto Quián, con quen conversará sobre a temática da súa obra, para trasladar o debate á Feira do Libro de Vigo o vindeiro martes. Nesta última parada galega Marta G. Franco intercambiará comentarios con Javier H. RodrÃguez, coordinador de El Salto, e cos que queiran achegarse a conversar sobre esta temática que tanto impacto está a ter na nosa sociedade.
- Co seu libro Marta G. Franco quere animar á reflexión sobre a perda de control da Rede por parte da cidadanÃa