Os obradoiros de Spin 2016 queren atraer aos escolares á tecnoloxÃa
xoves, 15 de setembro do 2016
A Cidade da Cultura de Galicia convida
aos escolares galegos a ser parte do Spin
2016, o maior evento de emprendemento universitario de Iberoamérica,
participando en obradoiros nos que descubrir e experimentar coa tecnoloxÃa.
No marco do Spin 2016, que terá lugar do 29 de setembro ao 1
de outubro no Gaiás, escolares de 8 a 12 anos poderán achegarse dunha forma
creativa ao concepto do Design Thinking
a través de obradoiros de programación, robótica e modelado 3D. Os obradoiros
contan con até 400 prazas e están deseñados tendo en conta o programa
curricular dos cursos aos que están dirixidos e en colaboración coa ConsellerÃa
de Cultura e Educación e Paideia.
AsÃ, os dÃas 29 e 30 de setembro, o Museo Centro Gaiás
acollerá o Taller de Programación con
Scratch, que lles permitirá aos escolares programar a súa propia aplicación
de realidade virtual ou conectar un videoxogo cun dispositivo robótico. Tamén
terá lugar o taller de Electrónica
divertida, no que poderán construÃr o seu propio artbot ou programar unha secuencia musical.
Entre os obradoiros escolares que formarán parte do Spin
2016 está tamén a Programación de
vehÃculos robóticos, espazo no que os pequenos programarán o seu propio
vehÃculo robótico; e o de Impresión 3D, para realizar os seus propios deseños e
imprimir unha peza que levar a casa.
Estes obradoiros tecnolóxicos forman parte da axenda do Spin 2016, encontro
bianual da RedEmprendia que nace coa vocación de espertar, apoiar e impulsar o
talento emprendedor e fortalecer a contribución da universidade ao
desenvolvemento económico e social. Esta terceira edición terá lugar na Cidade
da Cultura de Galicia entre o 29 de setembro e o 1 de outubro e contará con
conferencias, marketplace, obradoiros
e seminarios e networking, ademais
dos premios aos mellores proxectos emprendedores e un foro de investimento.