Os técnicos de Gradiant informan das vantaxes das TIC no centro Navalón
xoves, 26 de maio do 2011
Este xoves 26 de maio, os investigadores do
centro galego Gradiant (Centro Tecnolóxico
de Telecomunicacións de Galicia) proseguen a súa liña de visitas formativas a
prol da difusión do coñecemento polos centros de Educación Especial da nosa
terra. A cita, inserida dentro do proxecto TecnoloxÃas
especiais para persoas especiais, será desta volta na escola Navalón, en
Santiago de Compostela. A través desta actividade, na que está a participar xa
un equipo de investigadores de Gradiant, preténdese achegar as novas tecnoloxÃas
a alumnas, alumnos e docentes do devandito centro de ensinanza.
Ao longo da mañá, os técnicos de Gradiant
aprenderanlles aos rapaces os segredos e funcionalidades de recursos como os
novos interfaces home-máquina e diferentes tecnoloxÃas que facilitan o acceso á
Sociedade da Información a través de xogos especialmente seleccionados e
desenvolvidos para alumnado con necesidades de tipo especÃfico. Como dixemos, a
cita de hoxe forma parte dun completo itinerario pola nosa terra, descrito polo
miúdo na web Divulgación do
espazo de I+D emprazado en Vigo.