Os vindeiros procesadores de Apple poderÃan ter até 32 núcleos de rendemento
luns, 7 de decembro do 2020
Dende
Bloomberg están a adiantar os plans de Apple ao respecto aos seus procesadores baseados
en arquitectura ARM e que están a revolucionar o mundo da informática. Cando
chegaron os novos procesadores M1 de
Apple, chamaron moito a atención por ser quen de superar aos seus
equivalentes con tecnoloxÃa de Intel en rendemento á vez que reducÃan
considerablemente o seu consumo enerxético, o que facilitou que os novos
portátiles de Apple puidesen gozar case do dobre de autonomÃa, pero a cousa non
vai quedar aÃ, xa que estamos ante os procesadores da gama de entrada, e agora
queda que fagan toda unha demostración de forza cos procesadores máis
profesionais.
Ao parecer, os vindeiros procesadores Apple Silicon chegarán na primavera e no
outono, e chegarán no interior de novos MacBook Pro, novos iMac e incluso un novo
Mac Pro, e dos que están a detallar o número de núcleos que presentarán,
ameazando con deixar en moi mal lugar os seus equivalentes con procesadores de
Intel.
Actualmente os procesadores de portátiles de Apple chegan até os 8 núcleos, os
iMac Pro chegan até os 18 núcleos e os Mac Pro até os 28 núcleos, mentres que
os novos M1 polo momento chegan aos 8 núcleos, pero aseguran que están xa a
probar variantes de alto rendemento de 16 e 32 núcleos, que serÃan os que teriamos
no mercado en 2021, para que a finais de 2021 e en 2022 puidesen chegar aÃnda
solucións con 64 e 128 núcleos, buscando un grande rendemento gráfico.
Haberá que agardar á presentación oficial dos novos SoC de Apple, para ver se
só apostan por incrementar os núcleos da CPU e da GPU integrada, ou se facilitan
a integración de gráficas dedicadas, pois estamos ante decisións estratéxicas
que moldearán o mercado profesional e poden dificultar moito as comparacións
con sistemas baseados en procesadores de Intel (con arquitecturas diferentes e
orientacións de produto tamén moi diversas).