Panda di adeus ó oso do seu logotipo
martes, 24 de xullo do 2007
- Na web de Panda adiantan o que será o seu cambio de imaxe
Panda
Software cambiará nos vindeiros dÃas a súa imaxe comercial e o seu nome,
pasando a chamarse Panda Security e abandonando
o seu tradicional oso panda do seu logotipo. Esta nova estratexia comercial
corresponde ó feito de que a empresa xa non se dedica ó software en exclusiva,
senón que tamén vende material hardware, polo que prefiren centrar a súa
mensaxe na seguridade en xeral.
O novo responsable da compañÃa, Jorge Dinarés, afirmou que están a traballar en
novos xeitos de atallar o malware no
que dan en chamar Panda 2.0 e que
responderÃa a unha solución que desconxestione ó PC da carga de análise das
ameazas á seguridade informática. No mes de xullo lanzarán novas versións dos
seus produtos para usuarios particulares e en setembro será o segmento empresarial
o que vexa chegar as súas actualizacións.