Photoshop.com Mobile estréase en probas
mércores, 27 de agosto do 2008
Os servizos en
liña de Adobe dirÃxense agora aos móbiles, de xeito que veñen de comezar as
probas de Photoshop.com
Mobile, que polo momento non permite a edición dende o móbil de
fotografÃa, aÃnda que si resulta un centro de almacenamento de fotografÃas de
doado acceso dende os celulares. O servizo dá 5 Gb de almacenamento aos
usuarios de balde (20 Gb para os usuarios de pago) e permitirá sincronizar as
imaxes que teñamos no móbil co almacenamento web, ao que tamén se pode acceder
dende un ordenador para a edición da imaxes.
- Polo momento o novo servizo limÃtase a ser un almacenamento de fotografÃas accesible dende o móbil
Esta primeira versión de Photoshop.com Mobile resulta moi semellante a servizos coma Flickr, pero é de agardar que no futuro incorporen algunhas funcións de edición, valéndose da cada vez maior capacidade dos terminais telefónicos. Non sorprenderÃa asà que as imaxes almacenadas se puidesen modificar dende o iPhone ou dende terminais con Windows Mobile (ou con soporte de Flash Lite).