Piratean un MacBook Air en só 2 minutos

venres, 28 de marzo do 2008 Marcus Fernández

A organización do congreso de seguridade informática CanSecWest celebrado estes días nos EE.UU. propuxo un reto coñecido coma PWN2OWN consistente na intrusión e toma de control de equipos informáticos por distintos métodos de crackeo, que nesta edición contaba coa novidade de que os participantes contaban con 3 equipos coma obxectivo dos seus ataques (un VAIO VGN-TZ37CN con Ubuntu 7.10, un Fujitsu U810 con Windows Vista Ultimate SP1 e un MacBook Air con Mac OS X 10.5.2), polo que existía certo interese en coñecer cal sería a primeira plataforma en caer.
O primeiro día do concurso, no que só se permitían ataques sen intervención directa de usuarios nos equipos obxectivo, ninguén se molestou en superar ó reto, pero ó día seguinte, no que xa se permitían ataques baseados en páxinas web ou correos electrónicos o popular hacker Charlie Miller conseguíu vulnerar a seguridade do MacBook Air en 2 minutos, valéndose dunha páxina web na que colocou código malicioso (polo que podería ter aproeitado un fallo de seguridade do navegador Safari, aínda que os detalles non se coñecen polas normas do concurso, que esixen confidencialidade).
Ó superar a proba proposta Miller fíxose con 10.000 dólares en efectivo e o MacBook Air que conseguiu piratear.

PUBLICIDADE