Posibilitan o acceso a documentos de Office 2007 dende OpenOffice.org para Ubuntu

mércores, 27 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios de OpenOffice.org xa poden acceder a documentos creados no Microsoft Office 2007 grazas a unha extensión gratuíta dirixida a sistemas operativos Ubuntu (de xeito que funcionaría sen problemas en distribucións de Linux baseadas en Debian).
O Open XML Translator permite ler e gravar documentos en formatos coma o .docx que tantos problemas está a dar, por forzar o uso da última versión do paquete ofimático de Microsoft (aínda que se pode instalar tamén unha actualización para facer o propio dende outras versións do Office).
Os usuarios de OpenOffice.org baixo Ubuntu poden seguir unha detallada guía de instalación do Open XML Translator para acceder ós ficheiros de Office 2007 sen problemas.