Presentan na Coruña a plataforma de formación Emprendizaxe
xoves, 12 de febreiro do 2009
A directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información,
Helena Veiguela, presentou hoxe na
Coruña a nova plataforma Emprendizaxe desenvolvida pola ConsellerÃa de
Innovación e Industria dentro do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da
Información. Trátase dunha plataforma social e aberta á colaboración de
emprendedores nos diferentes sectores económicos, que ao mesmo tempo serve como
punto de encontro entre profesionais creando comunidades, tecido asociativo, debates
abertos e posicionamento das empresas en Internet e pola súa banda achega
información especializada.
Emprendizaxe é, segundo explicou a
directora xeral, unha aposta social, colaborativa e aberta á participación de
todas aquelas persoas que desexen formarse, colaborar, aprender, emprender ou
coñecer.
Esta plataforma de e-learning ofrece acceso gratuÃto a contidos
especializados no ámbito empresarial (estratexias de márketing, tecnoloxÃas da
información e comunicación, estratexias de venda, xestión empresarial...); como
plataforma de comunicación social entre profesionais, ofrece tamén a
posibilidade de crear comunidades, blogs ou cursos para tratar e debater
diferentes temáticas empresariais.
A evolución da Internet cara unha rede máis social reflÃctese na tendencia
a compartir coñecementos, poñer prácticas en común para optimizalas,
desenvolver proxectos colaborativos ou ofrecer coñecemento técnico para
posicionarse no mercado como un especialista nunha temática.
Segundo explicou Helena Veiguela, Emprendizaxe ofrece estas posibilidades, como
tamén un escritorio a través de internet personalizado a cada usuario onde pode
indicar as tarefas e eventos a realizar a través dun calendario. Os contidos
publicados en Emprendizaxe relaciónanse segundo a súa temática creando novas
sinerxÃas e visións dun mesmo concepto.