Presentan un dicionario visual interactivo nas Xornadas de escolarización de alumnado inmigrante
luns, 23 de novembro do 2009
Máis
de 400 docentes e orientadores participaron esta fin de semana nas Xornadas de escolarización de alumnado
inmigrante que, baixo o tÃtulo Eliminando
Fronteiras, se celebraron no Palacio de Congresos de Santiago de
Compostela. Coa organización deste evento, en colaboración doa ONG InteRed, a
ConsellerÃa de Educación segue a mostrar o seu compromiso coa educación
inclusiva, aquela na que todos os nenos e nenas aprenden xuntos,
independentemente das súas condicións sociais ou culturais; valorando as
diferenzas entre eles un elemento algo enriquecedor.
Durante os dous dÃas nos
que se desenvolveron as xornadas, déronse cita en Santiago numerosos expertos
en pedagoxÃa, recursos educativos e prácticas para a inclusión social. Grazas a
todas as súas experiencias, Eliminando
Fronteiras puido mostrar un amplo abano de realidades escolares e enfoques
educativos dos paÃses de procedencia do alumnado inmigrante. Ademais, e como
colofón das xornadas, na tarde do sábado varios centros escolares galegos
expuxeron as súas experiencias de escolarización inclusiva, de recoñecido
éxito. AsÃ, o IES Carlos Casares, de Viana do Bolo (Ourense) amosou o proxecto
de cooperación que impulsa coa Unidade Educativa Timoteo Rondales da localidade
boliviana de Bermejo, que lle valeu o Premio Nacional de Educación para o
Desenvolvemento. Exemplo de boas prácticas neste eido, tamén estiveron
presentes os CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela) e o IES San Rosendo,
de Mondoñedo (Lugo).
AsÃ, o sábado celebráronse dez obradoiros simultáneos con participación activa
dos asistentes, nos que se van abordar asuntos como o uso das novas TecnoloxÃas
da Información e a Comunicación (TIC) e a web 2.0 como ferramentas
interculturais; a ensinanza de segundas linguas como forma de facilitar a
integración nas escolas; ou as prácticas educativas ambientais para a
construción dunha visión inclusiva da vida.
Ademais de conferencias
e obradoiros, o Palacio de Congresos acolleu a presentación da ampliación do Dicionario Visual
Interactivo para o alumnado procedente do estranxeiro, unha ferramenta para
facilitar a estes rapaces e rapazas iniciación no uso da lingua galega, que tamén se pode atopar en
inglés.
Baseado nunha atractiva
combinación de cores, o dicionario mostra unha ducia de escenarios do entorno
educativo (a aula, o laboratorio, conserxarÃa, etc.), de tal forma que os
estudantes poidan exploralos e localizar os termos máis comúns, escoitar a súa
pronuncia e mesmo ver exemplos do seu uso, contextualizados en frases. A
ferramenta incorpora, ademais, unha serie de actividades, como sopas de letras
ou encrucillados.
O dicionario ve agora
ampliados os seus contidos con dez escenarios máis, que xiran arredor de outras
contornas da realidade cotiá e social galega: unha romarÃa popular, un centro
de saúde, unha praza de abastos...
Cara a finais de ano, a
ConsellerÃa de Educación prepara outros seis escenarios máis para incorporar a
esta ferramenta a finais de ano, asà como unificar nun mesmo dicionario as tres
linguas: galego, castelán e inglés.