Preto de 400 estudantes de Primaria de toda Galicia participan nos obradoiros Dixitalweek
mércores, 8 de novembro do 2023
Preto
de 400
alumnos de 6º curso de Educación Primaria de 23 centros educativos
de toda Galicia participan este mércores 8 de novembro nos
obradoiros Dixitalweek. Trátase dun encontro que complementa o
programa de estadÃas de inmersión lingüÃstica en inglés
vinculadas á actividades dixitais do mesmo nome impulsadas pola
Xunta de Galicia e no que este outono participan un total de 1.200
alumnos ata 4º curso de ESO.
O
conselleiro de Educación, Román RodrÃguez, visitou os obradoiros,
onde puido coñecer de primeira man as destrezas dos rapaces nestes
eidos.
Neste
encontro deste mércores, os alumnos realizan actividades de práctica
idiomática en distintos escenarios comunicativos vinculados ás
contornas tecnolóxica e cientÃfica. A maiores, tamén participan en
actividades fÃsicas e de socialización que contribúen a mellorar o
traballo en equipo entre os participantes.
Para
o devandito contan co apoio de profesionais como Manuel Vicente,
divulgador e presentador do programa Efervescencia da Radio Galega e
premio de Xornalismo CientÃfico en 2018, e Déborah GarcÃa,
quÃmica, investigadora, e comunicadora cientÃfica, que traballa no
Centro de Investigacións CientÃficas Avanzadas, CICA, da
Universidade da Coruña.