Publican o primeiro mapa do ADSL en España

martes, 28 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Galicia vista no mapa de ADSL Net

Dende ADSL Net están a desenvolver un mashup baseado en Google Maps que pode resultar de interese para os usuarios actuais de conexións de ADSL ou para aqueles que estean a pensar en cambiar de compañía, xa que poden consultar xeograficamente as referencias de probas de velocidade, de xeito que segundo nos imos achegando no mapa a un punto podemos ver as velocidades dispoñibles a través de conexións de distintas operadoras coma Telefónica, Ya.com, Jazztel, Orange, Tele2 ou Ono, consultando os resultados achegados dende a ferramenta ANT.
Así, valéndonos con esta ferramenta podemos ver que un ADSL de 20 Mbps de Jazztel vai a 3.464 Kbps para un usuario da Coruña, onde hai outras zonas nas que se rexistran conexións a 8 e 12 Mbps co mesmo operador, disparidade de velocidades que se presenta con calquera outro operadora, de xeito que podemos ter unha impresión máis obxectiva da conexións existentes na zona que nos interese, o que tamén serve de argumentación para denunciar que as velocidades prometidas polas operadoras distan bastante da realidade.
Ata o momento xa estarían incluídas no mapa o 90% das centrais de ADSL de España.

PUBLICIDADE