Pump Express 3.0 permite cargar o móbil até o 70% en só 20 minutos
luns, 6 de xuño do 2016
Mentres a autonomÃa dos smartphones e outros dispositivos
móbiles medran paseniño, os fabricantes buscan paliar esa molestia reducindo os
tempos de carga, e nesta liña MediaTek lanzou a súa tecnoloxÃa Pump Express 3.0, que presume
de ser a tecnoloxÃa de carga de baterÃas máis rápida até o momento, de xeito
que un smartphone coa mesma poderÃa completar a carga da súa baterÃa até o 70%
en só 20 minutos, o que é case o dobre de rápido que o seu competidor máis
directo e até 5 veces máis rápido que un sistema de carga convencional. Con
Pump Express 3.0 os usuarios tamén pode gozar de até 4 horas de conversa co seu
móbil tras só 5 minutos de carga.
Pump Express 3.0 tamén presume de ser a primeira tecnoloxÃa deste tipo en
aproveitar a carga directa a través de USB-C, integrando numerosas medidas de
seguridade para evitar problemas de quecemento tanto no smartphone coma no seu
cargador.
Deste xeito temos como MediaTek non só consegue gañar un bo anaco da torta dos
smartphones de gama media grazas aos seus procesadores de elevado rendemento e
prezo axustado, senón que tamén permite que os fabricantes poidan integrar
sistema de carga rápida moi atractivos, que sirvan tamén de reclamo, de xeito
que cada dÃa poñen as cousas máis complicadas a Qualcomm, o seu principal
competidor.
VÃdeo de presentación da tecnoloxÃa Pump Express 3.0