Python Vigo ultima os detalles de PyDay Galicia, con acollida para 150 participantes
luns, 5 de xuño do 2017
Este
10 de xuño temos no museo MARCO de Vigo unha cita coa linguaxe de
programación Python. Estamos a falar de
PyDay Galicia, unha xuntanza quere servir de escenario para que
as nosas comunidades de desenvolvedores Python expoñan as amplas
posibilidades desta linguaxe aberta de programación, moi acaÃda e
de grandes potenciais para o desenvolvemento web pero tamén para
proxectos cientÃficos, aplicacións de escritorio, deseño de xogos,
robótica ou mesmo para dar os nosos primeiros pasos en programación.
A
cita fornecerá charlas, citas de traballo e obradoiros, todo de
balde e todo dirixido, especificamente, a fomentar a difusión de
coñecemento e a promoción da cultura tecnolóxica. E tamén,
segundo engaden os organizadores, a garantir diversidade
e inclusión.
Organiza
Python
Vigo, aÃnda que será un evento a nivel galego. O ano pasado
celebrouse a menor escala, pero
segundo lembran os impulsores, tivo
moi boa
acollida. Haberá
prazas para a cifra nada desprezable de 150 persoas.
O
evento contará con espazos propios e especÃficos para mostrar
ofertas de traballo de interese para os asistentes e, tamén, para
achegar colectivamente información doutros grupos de programación e
tecnoloxÃa. Ou sexa, para asentar os alicerces de vindeiras
colaboracións de todo tipo.
O PyDay, para que non o
saiba, vén da man das comunidades de Python de todo o mundo. De
feito, celebrarase de maneira simultánea, nesa mesma data, nunha
chea de localidades dunha manchea de paÃses. Da edición galega
vaise ocupar o grupo de Python Vigo.
