Qimo, o Linux para os cativos
xoves, 26 de febreiro do 2009
Se os
galegos contamos unha distribución de Ubuntu adaptada á nosa lingua (Galinux),
os cativos finalmente tamén teñen unha versión de Linux adaptada ás súas
necesidades, desenvolvida por Brian e Michelle Hall baixo o nome de Qimo.
Esta distribución baseada en Ubuntu pretende aproveitar o feito de que os nenos
son unha tabula rasa de coñecemento,
e non teñen preguiza en adoptar o software libre (mentres que os usuarios que
levan moitos anos empregando Windows presentan reticencias ao cambio), polo que
os cativos de entre 3 e 12 anos poderán atopar nesta plataforma unha interface
intuitiva e doada de utilizar, con iconas grandes e xogos
educativos preinstalados coma GCompris, Childsplay ou eToys.
Entre as vantaxes de Qimo tamén está o feito de que precisa de pouca potencia
para funcionar, polo que vale para ordenadores que poderiamos considerar
obsoletos, o que o fai máis accesible a cativos con poucos recursos económicos
(que poden acceder a este tipo de equipos a través de doazóns a través de
organizacións sen ánimo de lucro coma QuinnCo, promotora desta distribución de
Linux).

- Quimo inclúe unha colección de xogos educativos para os cativos
