Qyavoy: aplicación de raizame galega que nos advirte se o noso coche vai ser multado
venres, 17 de xuño do 2011
Que cada vez é máis complicado aparcar o
coche nas grandes cidades é unha realidade que está á vista de
todas e todos. As vantaxes de ter automóbil nunha urbe son cada vez
menos, pero se aÃnda seguimos coa teima de telo, máis tarde ou máis
cedo poderemos comprobar que nin sequera cando estamos lonxe del e o
temos teoricamente ben emprazadiño, nos libraremos das molestias. A
listaxe de problemas que pode dar é interminábel (dende atorar a
saÃda de vehÃculos dun garaxe até estar metido no medio dunha rúa
en remodelación), pero cómpre non desesperar: xa hai tecnoloxÃa de
raizame galega para pórlle un pouquiño de remedio. Trátase dun sistema para trebellos móbiles que
avisa, vÃa aparello, dos problemas que orixina o noso coche.
A aplicación vén da man dunha empresa rioxana, IBD
Software, comandada polo Juan Baltar DomÃnguez, un empresario vasco
de orixe galega que arestora xa está a vender o seu produto, de nome
QYAVOY nos principais mercados europeos e algúns dos americanos. A
aplicación, que en breve estará dispoñÃbel para Android, o
sistema libre para móbiles, a través dunha versión especial,
funciona un pouco coma o veciño ou veciña aos que lle encomendamos,
de palabra, que nos avise se o coche que acabamos de deixar aparcado
será fonte ou non de problemas.
A cousa non terÃa razón de ser, cómpre dicilo, se
seguimos os regulamentos do Concello en cuestión para inmobilizar o
noso vehÃculo, pero hai que recoñecer que moi poucos de nós, se
temos présa ou temos que descargar ou cargar algo, seguimos ao pé
da letra a devandita normativa. Dito doutro xeito: que tire a
primeira pedra quen non deixou o coche en raia amarela.
O funcionamento do sistema é moi sinxelo, e
apóiase directamente nas suxestións que se achegan en Facebook ou
na páxina web da ferramenta,
suxestións que logo se introducen no sistema. Deste xeito, informa
Baltar DomÃnguez, a aplicación poderá advertirnos se o noso
vehÃculo sufriu algún choque, se ten a porta mal pechada ou se está
a ser multado. Tamén avisa se o motor perde lÃquidos, cousa
importante para quen teña un vehÃculo vello. A ferramenta, que está
arestora en fase de promoción, saÃra como dixemos para Android e,
con esta manobra, de seguro que ampliará o abano de móbiles nos que
é compatÃbel. Como unha boa parte das funcionalidades de hoxe, as
da era 2.0, esta tamén se basea na participación. De feito, é un
dos alicerces do seu traballo e o que en boa medida fai posÃbel o
seu crecemento. A cousa é deste xeito: uns usuarios do sistema
avisando a outros, vÃa mensaxe no móbil, das incidencias das que
están a ser obxecto os seus automóbiles. O que se require é o
número de matrÃcula do coche en cuestión, co fin de que a
ferramenta saiba a quen advertir do risco. Cantas máis persoas
forman parte desta rede social, máis eficaz será o seu
funcionamento.