R actualiza o seu receptor de televisión SD

mércores, 29 de maio do 2013 Marcus Fernández

Aínda que o servizo de televisión do operador galego de cable R está a avanzar principalmente coa incorporación da alta definición á súa oferta, non deixan abandonados aos usuarios que continúan a gozar da televisión en formato estándar, e anuncia melloras no seu receptor, que agora conta cun buscador de contidos no catálogo e no rebobina, o que facilita a localización de contidos por título, actores e directores para poder gozar dos mesmos baixo demanda.
Atendendo a que moitos dos usuarios gozan de paquetes de canles limitadas, para permitirlles unha navegación máis limpa e menos frustrante, o menú do receptor de televisión conta agora nos seus parámetros de configuración a opción de filtrar as canles de rebobina para que só se amosen as que se teñan contratadas polo usuario.
Estas novidades súmanse a outras como a agrupación de series de televisión (para simplificar o acceso aos seus capítulos) e actualmente están a traballar na actualización da portada do servizo rebobina, o que tamén afectará aos usuarios con receptores de alta definición. Tamén van a activar a posibilidade de só navegar por as canles de televisión definidas como favoritas, facendo máis áxil a navegación pola guía da programación.

PUBLICIDADE