R amplía a súa oferta de entretemento engadindo Prime Vídeo
mércores, 30 de agosto do 2023
A
operadora de orixe galega R vén de anunciar o lanzamento dunha nova
proposta de valor para que os clientes poidan gozar, en palabras da
empresa, “do mellor contido de TV a través das principais
plataformas de entretemento do mercado”. Deste xeito, a partir
deste 30 de agosto a comunidade de usuarios de R desfrutarán de
Prime Vídeo “coas mellores series e películas”, xunto con
Netflix e a plataforma líder de deportes DAZN, que xa formaban parte
da oferta da operadora.
R
engade que “como parte da subscrición Prime e ademais da oferta de
entretemento con Prime Video”, os membros de Prime poden “gozar
de envío gratuíto en millóns de artigos, escoitar gratis máis de
mil millóns de cancións e podcasts con Amazon Music, acceder de
xeito ilimitado a centos de libros e cómics con Prime Reading, a
contidos e xogos de balde con Prime Gaming, ofertas exclusivas como
Prime Day, entregas de produtos de alimentación con Amazon Fresh e
DIA en Amazon.es nas localidades seleccionadas, e moito máis”.
A
nova oferta de contido de R está dirixida a “calquera que desexe
un paquete de TV completo e flexíbel”, apunta a operadora,
engadindo que a oferta permite elixir calquera opción de
entretemento. “Esta nova proposta significa que os clientes poden
combinar os servizos de Netflix e Prime no seu Combo Infinito ou
elixir só Netflix; e ademais os seareiros do deporte tamén poden
rexistrarse no servizo DAZN (Esencial ou Total) e engadilo ás
plataformas de entretemento se o desexan. E todo isto, sempre nunha
única factura”, engade R.
Volta
ao cole e tres meses de entretemento sen custo adicional
Por
outra banda, a comunidade de usuarios de R ten a oportunidade de
probar calquera das opcións de entretemento e deportes sen custo
adicional ningún durante tres meses se contratan o Combo Infinito
antes do 30 de setembro, por 59 € ao mes. A partir do cuarto mes, o
prezo aumentará en función das opcións de entretemento e deportes
que elixan os/as clientes/as: 10 €/mes a opción de Netflix; 14
€/mes Netflix + Prime; 18,99 €/mes e 29,99 €/mes DAZN Esencial
e Total, respectivamente.
Por
un período de tempo limitado e sen custo adicional, R quere que “os
clientes gocen do contido de películas, series e deportes das
principais plataformas do mercado, e que poidan seleccionar a opción
que mellor se adapte ás súas preferencias”.
A
nova proposta, xunto con todas as vantaxes do Combo Infinito
(velocidade con 300 Mb de fibra MAX, dúas liñas móbiles de 5G con
GB ilimitados, unha liña con chamadas ilimitadas e TV Ocio con Deco
4K), achega en palabras da operadora galega “os servizos de
telecomunicacións máis amplos e avanzados do mercado”, e ademais
permite “adaptalos ás necesidades do consumidor”.
R
alíase coas principais plataformas do mercado
Prime
Video ofrece nos fogares unha ampla colección de películas, series
e deportes, todos dispoñíbeis para ver en centos de dispositivos
compatíbeis. Para gozar de series, películas e documentais en
galego e en español como, por exemplo, Culpa miña, Sen pegadas,
Mañá é hoxe, O castelo de Takeshi, Celebrity Bake Off España
e LOL: Si te ríes, pierdes; os gañadores de Emmy La
Maravillosa Señora Maisel e Lizzo’s Watch Out for the Big
Grrrls, a serie de televisión The Boys, un drama satírico
de superheroes nomeado aos premios Emmy, e os grandes éxitos AIR,
O Señor dos Aneis: Os aneis do poder, Citadel, Tom Clancy’s Jack
Ryan, Creed III, Shotgun Wedding, Némesis, 13 vidas, Todo sobre
Ricardo, La guerra del mañana, Reacher e Un príncipe en
Nueva York 2.
Os
membros Prime tamén poden acceder a contido con licenza, e engadir
canles como Atresplayer, DAZN, LaLiga SmartBank, FlixOlé, MGM+,
AMC+, AContra+, MUBI, Hayu, Noggin e Qello Concerts.