R celebra os seus primeios 8 anos de vida

luns, 19 de novembro do 2007 Raquel Noya

O operador galego de comunicacións por fibra óptica, R, vai celebrar mañá martes 20 de novembro os seus primeiros 8 anos de vida con dous actos que terán lugar en Santiago de Compostela e na Coruña, nos que se lembrarán de xeito desenfadado o camiño seguido pola compañía neste tempo.
Aproveitando a ocasión, o operador galego por excelencia tamén vai lanzar dous novos servizos de telefonía dixital e móbil presentándoos con detalle ante persoeiros da vida social e empresarial de Galicia, no Edificio de R na Rúa Real en A Coruña ás 11:30 horas.
Alí, o presidente de R, Honorato López Isla e Arturo Dopico, conselleiro delegado de R, explicarán os detalles desta nova oferta que se lanzará ó mercado en breve.
Posteriormente, ás 20:30 horas, os actos de celebración trasladaranse ao Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela onde os asistentes estarán convidados a un café.