R leva a súa nova fibra aos polígonos e á área portuaria de Vigo
luns, 29 de marzo do 2021
A
operadora R comunicou que a súa nova tecnoloxía de fibra está xa
presente e operativa nos polígonos vigueses e na área portuaria da
cidade. As empresas e entidades alí emprazadas poderán navegar a
velocidades de até 1 Gbps simétrico (de subida e de baixada), e
facelo en óptimas condicións de seguridade e estabilidade.
O
operador galego acometeu nos últimos meses unha renovación da súa
tecnoloxía de rede que poderá beneficiar a case 1.000 empresas e
emprendedores/as instalados/as nestas áreas.
Esta
actuación, realizada en 24 polígonos industriais de Galicia,
enmárcase nos plans anuais de R para mellorar a calidade, cobertura
e potencia da súa rede e “ofrecerlles os servizos máis avanzados
ás empresas galegas”.
Con
este desenvolvemento, a compañía galega de telecomunicacións
dálles resposta ás crecentes necesidades de servizos de
telecomunicacións amosadas polo empresariado da comunidade e
acompáñao no seu proceso de transformación dixital.