R pechará 2021 con máis de 4.600 inmóbeis da Pobra do Caramiñal con cobertura da súa fibra
martes, 21 de setembro do 2021
A
operadora R fixo balance dos traballos despregados no concello da
Pobra do Caramiñal para dotar aos fogares e empresas do municipio de
fibra óptica e cobertura de redes de nova xeración (por exemplo a
televisión dixital multicanle de R), con capacidade para achegar 500
Mbps simétricos e outros servizos avanzados. Segundo fai saber a
compañía, os habitantes dos núcleos de Agros Atalaia e Mirandela
xa dispoñen de accesos ultrarrápidos a Internet: en concreto, 124
novos fogares e negocios dos devanditos núcleos.
R
explicou que ao peche de 2021 “estariamos a falar da incorporación
de 1.300 novas residencias particulares e empresas ás redes de
última xeración do operador galego só no marco do Plan Avanza”.
Se
ao devandito sumamos o acadado a través das “despregaduras
realizadas ao longo dos últimos anos na Pobra do Caramiñal”, o
concello situaríase nos 4.601 inmóbeis conectados até a data.
Esta
e outras actuacións de extensión de rede na provincia da Coruña
forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio
de Asuntos Económicos y Transformación Digital dos que R resultou
adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512
núcleos de Galicia que non dispuxesen de alta velocidade ata ese
momento (as denominadas “zonas brancas”).