RIM incorporará tenda de aplicación nos terminais BlackBerry
mércores, 22 de outubro do 2008
- Sede de RIM
A empresa detrás dos
terminais Blackberry, RIM, anunciou durante unha conferencia de desenvolvedores
de aplicacións para os seus móbiles que entre outras novidades estreará os servizos
BlackBerry Application Storefront e BlackBerry Application Center,
que parecen querer seguir os pasos de Apple e Google na comercialización de
software para dispositivos móbiles, pero con certos matices.
Así, a BlackBerry Application Storefront sería a tenda de aplicación de RIM
para os dispositivos BlackBerry, que se lanzaría en marzo de 2009 e serviría
para que os usuarios de todo o mundo conten cunha maior oferta de aplicacións
para as súas BlackBerry, avisando aos creadores destes programas que deben
contactar con RIM antes de finalizar o ano se queren que os seus produtos
estean dispoñibles no día do lanzamento da tenda virtual, que podería empregar
PayPal coma plataforma de pagamento.
Por outra banda o BlackBerry Application Center sería un catálogo de
aplicacións elixidas por cada operadora de telefonía móbil para presentalo nos
terminais dos seus clientes.