Red Hat, nova fichaxe do Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia
luns, 30 de marzo do 2009
Para unha empresa do sector que sexa, o camiño das novas tecnoloxÃas da información é na maior parte dos casos un camiño de produtividade, competencia e calidade no servizo ofrecido e máis na xestión. Iso si: sempre e cando a aposta polas novas ferramentas dixitais non sexa coma o traxe dos domingos: só válido para figurar. Precisamente na liña de abrir unha vÃa útil e real de acceso ás redes para todos os dÃas da semana é onde se asenta o acordo que veñen de asinar o Centro de Novas TecnoloxÃas da ConsellerÃa de Traballo (na imaxe, no seu emprazamento en Conxo, Santiago) e Red Hat, multinacional senlleira no eido da programación e máis concretamente no da programación aberta (aquela que se pode adaptar ás nosas necesidades particulares e non require o pago de royalties). O convenio en cuestión, especialmente encamiñado a achegar formación de calidade e certificada en tecnoloxÃas de medre, foi dado a coñecer hoxe polo director xeral de Formación e Colocación da ConsellerÃa de Traballo, Pastor Fuenteseca, e o director financeiro da firma Red Hat en Europa, Brendan Lane.
A actividade conxunta, de especial interese para os profesionais galegos á procura de métodos de fortalecemento do currÃculo, collerá corpo principalmente nun exhaustivo programa de seminarios tecnolóxicos, novos produtos e accións informativas que sexan rendibles para o tecido produtivo galego. Sinalar que segundo informa o CNTG, trátase do primeiro acordo desta natureza que asina Red Hat en Europa cunha entidade pública. Amais das liñas de traballo devanditas, o convenio tamén abrangue tarefas conxuntas de observación das tendencias actuais de mercado co obxectivo de desenvolver o programa formativo e informativo que mellor se axuste ás circunstancias do momento presente (a nosa terra na Sociedade da Información participativa, social e máis aberta) e do que está por vir.
