Redondela, A Coruña e Pontevedra, na cabeza do ranking galego de concellos transparentes nas TIC
martes, 28 de xullo do 2020
A
plataforma
Dyntra, que traballa na medición e xestión da información pública
de diferentes institucións e organismos, actualizou os dÃas pasados
o seu informe sobre transparencia nos concellos, un informe que
se presenta por Comunidades co fin de facernos ver as diferentes
estratexias autonómicas a prol de empregar as novas tecnoloxÃas en
clave participativa, implicadora e próxima aos cidadáns. Neste
senso, Galicia no seu conxunto acada unha taxa do 30,7%, o que nos
sitúa por diante de Cantabria, Canarias e Navarra, pero por detrás
de todas as demais.
O
informe, que pon o punto de mira nos espazos virtuais dos concellos,
salienta o labor de Redondela (cunha porcentaxe de transparencia do
75,31%), A Coruña (61,3%), Pontevedra (59,88), Ames (58,02%), Vigo
(51,85%), Ourense (51,85), Lugo (50%), Ferrol (48,77), Poio (47,53),
VilagarcÃa de Arousa (43,83) e LalÃn (43,83), nesta orde, en
materia de transparencia.
O
documento elaborado por Dyntra ten en conta cuestións como a
transparencia no apartado económico e de financiamento das sedes
electrónicas dos concellos, a accesibilidade ou a posta en marcha de
servizos telemáticos avanzados ao servizo da cidadanÃa.