Redondela rematará o verán con cursos de informática gratuítos para o público en xeral
luns, 21 de agosto do 2023
A
Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela
que xestiona Antonio Cabaleiro desenvolverá durante os meses de
setembro, outubro e novembro, a través das Aulas CeMIT de Redondela
e Chapela, cursos totalmente gratuítos dirixidos ao público en
xeral. Estas actividades formativas abranguerán diferentes
ámbitos da informática como creación de blogs, edición de
fotografías, creación de álbums e presentacións, e trámites coa
administración online.
Para
estes cursos ofértanse en diferentes horarios mais de 130 prazas
para diferentes cursos e horarios na aula de Redondela, cun total de
16 postos e na de Chapela con 12 postos. En ámbolos dous casos as
prazas serán asignadas por estrita orde de inscrición, sendo o
prazo de inscrición do 16 de agosto ao 5 de setembro.
Aula
CeMIT Redondela os luns e mércores
Do
11 de setembro ao 22 de novembro
-Curso
Álbum Dixital: aplicación Collage e Impress
Do
11/09 ao 22/11. Horarios: de 10.00 a 11.30 horas.
-Curso:
trámites online coa Administración e identidade dixital
Do
11/09 ao 22/11. Horario: de 12.00 a 13.30 horas.
Aula
Aberta: obradoiros para adultos
-Trámites
subvencións co Concello. Consultas e dúbidas.
Os
venres en horario de 09:30 a 13.30hs.
Setembro:
08 e 22
Outubro:
06 e 20
Novembro:
03 e 17
Aula
CeMIT Chapela os martes e xoves
Do
12 de setembro ao 23 de novembro
-Curso:
Photopea. Editor de fotos en liña.
Datas:
do 12/09 ao 23/11
Horarios:
de 10.00 a 11.30 horas.
-Curso:
Blogger – creación dun blog.
Datas:
do 12/09 ao 23/11
Horarios:
de 12.00 a 13.30hs.
Aula
Aberta: obradoiros para adultos
Trámites
subvencións co Concello: consultas e dúbidas
Os
venres en horario de 09:30 a 13.30hs.
Setembro:
15 e 29
Outubro:
13 e 27
Novembro:
10 e 24
Segundo
engadiu o Concello, as instancias para participar nos cursos, con
matrícula aberta dende o mércores 16 de agosto ata o 5 de setembro,
pódense recoller na páxina web
de Redondela, no Centro de Formación A Marisma (ao carón da
Piscina Municipal) e no Multiusos da Xunqueira en Redondela. En
Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.