Remata na USC a actividade formativa dixital Innovación 360º
mércores, 8 de maio do 2013
Este martes chegou á súa
fin no Edificio Emprendia da USC o Curso
de Innovación 360º que convocou a Akademia Bankinter co
propósito de desenvolver as habilitades en creatividade e renovación
empresarial da comunidade de estudantes, amais de sensibilizalos
acerca da necesidade de apostar pola inventiva no mercado con fin de
acadar vantaxes competitivas no seu futuro día a día. O curso, de
carácter intensivo, baseouse nun método de ensinanza innovador que
conta con material cen por cen dixital e un contido de primeiro nivel
xerado por expertos internacionais, informa a Universidade de
Santiago.
A actividade formativa,
que contou coa colaboración da Área de Valorización, Transferencia
e Emprendemento, asumiu en boa medida un formato de debate co fin de
estimular a participación e a inclusión do factor innovación dende
a base mesma do curso: a base da achega de contidos e a súa
valoración e asimilación por parte do alumnado. A acción estaba
dirixida a estudantes de último ano de carreira, de máster e
doutoramento, aos que se lles ofreceu una formación complementaria
altamente valorada por empresas e institucións. Con carácter
gratuíto, forneceuse a 30 estudantes da USC, “estando
implantado nas mellores universidades de España”, engade a
USC. Ademais de docentes seleccionados pola Akademia Bankinter
participa nesta liña educativa profesorado da institución académica
compostelá, que nalgún caso ten incorporado a metodoloxía de
traballo do curso ás súas respectivas materias polo seu interese e
potencial.