Retraso nipón de Metal Gear Solid: Peace Walker

luns, 1 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Hideo Kojima, á dereita da imaxe, é o pai da saga de Metal Gear Solid, que por primeira vez involúcrase na creación dunha entrega para unha consola portátil

O xogo para PSP Metal Gear Solid: Peace Walker está a ser moi agardado, en boa medida por contar coa participación do creador desta saga, Hideo Kojima, quen non está moi contento co que está a pasar con este título, pois confirmaron que a súa estrea no Xapón vai retrasarse do 18 de marzo ao 29 de abril, o que considera que é unha traizón aos seareiros da saga, polo que deberán traballar moi duro para volver a gañarse a confianza do público.
O lanzamento europeo de Metal Gear Solid: Peace Walker está datado para o 27 de maio, polo que a demora nipona non debería afectar á comercialización española do xogo, pero anteriores experiencia levan a entender que os retrasos deste título poderían ser globais (pese a que este xogo parece que só vai estar localizado ao inglés).

PUBLICIDADE