Rianxo formará a mocidade local en páxinas web pra incrementar a súa empregabilidade
martes, 1 de setembro do 2020
O
Concello de Rianxo vai poñer en funcionamento unha iniciativa para
ampliar a formación da xente nova e dotar ás mozas e mozos de
instrumentos, recursos e coñecemento que lles permitan abrir a
meirande cantidade de portas no mercado laboral. Trátase do
Obradoiro de GarantÃa Xuvenil Carnero Valenzuela II, que ten o
obxectivo concreto de formar a 16 alumnos e traballadores na
especialidade de Confección e publicación de páxinas web.
O
obradoiro terá 12 meses de extensión e as persoas interesadas en
participar nel terán que cumprir, entre outros, os seguintes
requisitos: estar no ficheiro do Sistema Nacional de GarantÃa
Xuvenil; ter entre 18 e 30 anos; ter superada a proba de acceso á
universidade para maiores de 25 ou de 45; ou posuÃr o tÃtulo de
Graduado en ESO, certificados de profesionalidade de nivel 2 e 1 da
mesma familia e área profesional.
O
programa de emprego Carnero Valenzuela II é un programa mixto de
emprego e formación dirixido a mellorar a inserción das persoas
desempregadas mozas incluÃdas no Ficheiro do Sistema Nacional de
GarantÃa Xuvenil, co-financiado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e
o Fondo Social Europeo, e promovido polo Concello de Rianxo.
Máis
información na
páxina web municipal e nas
bases do obradoiro (PDF).