Richard Stallman chega á nosa terra para impartir relatorios en Vigo, Ourense e Coruña
luns, 9 de decembro do 2013
Para quen ande despistado
e pense que a nova edición viguesa do congreso MeTTeG
xa rematou, dicirlle que nin moito menos e que na tarde deste luns
imos ter a que ben poderiamos considerar actividade estrela desta
sétima edición: un relatorio presidido por quen para moitos
seareiros do coñecemento libre representa en boa medida a súa
faciana máis visible e un das súas grandes figuras referenciais.
Falamos de Richard Stallman,
que está hoxe en Vigo para falar de O
software libre a Administración Dixital. no Centro
Cultural Novacaixagalicia, a partir das 19.00 horas e con entrada
libre. Ademais, o martes estará en Ourense e o xoves na Coruña.
Volvendo á cita de Vigo,
dicir que Stallman afondará nas oportunidades que o código aberto
ofrece aos gobernos (maior autonomÃa informática, un menor
investimento) e falará da nosa responsabilidade, e dos nosos
gobernos, á hora de promover nós mesmos recursos que estean a
disposición dos demais, libremente.
Como dixemos, Stallman
aproveitará a súa estadÃa en Galicia para ofrecer ao dÃa seguinte
un relatorio no campus de Ourense, no salón de actos do Edificio
Politécnico, onde falará sobre Unha Sociedade Dixital Libre.
Asemade, intervirá
o vindeiro dÃa 11 na Coruña, na Facultade de Informática,
achegando o relatorio O software libre na ética e na práctica,
ás 16.00 horas e, tamén,
aberta ao público en xeral e de balde.
Como dixemos, a cita
deste luns insÃrese no congreso MeTTeG. A edición desta xuntanza, a
sétima, comezou a desenvolverse o pasado mes de outubro, no Hotel
BahÃa de Vigo, onde contou diversos relatorios sobre Administración
Dixital, as cidades intelixentes, os datos en aberto e máis a
seguridade e privacidade das comunicación. Lembrar que MeTTeG vén
da man dos investigadores do Grupo de EnxeñarÃa de Sistemas
Telemáticos co soporte do Concello de Vigo e a Rede Galega de
Procesamento da Linguaxe e Recuperación da Información.
Trátase
da segunda vez que este congreso se celebra en Vigo, tras
unha anterior edición na cidade en 2009 que tivemos ocasión de
reflectir en Código Cero facendo fincapé nos éxitos e nas
eivas que daquela estaba a amosar o proceso de dixitalización das
institucións públicas e as súas canles de comunicación coa
cidadanÃa.
