Rosas impresas en 3D para celebrar o Día dos Namorados
xoves, 6 de febreiro do 2014
Coa proximidade do Día de San Valentín a empresa Brit + Co
decidiu deseñar un agasallo ideal para a súa entrega no traballo ou en lugares
públicos resultando á vez orixinal e moi acorde co perfil tecnolóxico que tanto
abonda na cidade de San Francisco, e ofrece rosas impresas en 3D, que incluso
poderán entregarse en persoa ao seu destinatario grazas ao servizo TaskRabbit.
Este servizo que polo momento só está dispoñible en San Francisco (agardan
espallalo polo resto de EE.UU. para o ano que vén) está baseado nun establecemento de impresión 3D que só
estará aberto ata o 28 de febreiro, e ofrece unha rosa impresa en 3D por 15
dólares, media ducia de rosas por 45 dólares (en ambos casos habería que
engadir 10 dólares de gastos de envío) e unha ducia de rosas por 100 dólares
(con gastos de envío de balde). Unha curiosa proposta da que advirten que hai existencias moi
limitadas.
- As rosas impresas en 3D poden mercarse soltas, ou en lotes de 6 ou 12 unidades