SCO perde un importante xuízo contra Novell
luns, 13 de agosto do 2007
O litixio xudicial que podería ameazar o futuro do
sistema operativo Linux pechou un dos seus máis importantes capítulos, pois o
xuíz Dale A. Kimball (do tribunal federal de Utah, EE.UU.) decidiu dar a razón
a Novell no conflito que tiña con SCO, de xeito que consideran que esta
último non ten o copyright de UNIX
SRVRX e de UnixWare, o que suporía que as demandas de SCO a outras empresas
coma IBM (por unha suposta copia do código de Unix a Linux) quedarían en nada.
Segundo parece, o acordo de venda de Unix a SCO por parte de Novell en 1995 non
inclúe o copyright, o que podería
levar a SCO á bancarrota, pois en 2003 chegara a acordos de licenzas con Sun
Microsystems e IBM dos que deberían pagar o 95% a Novell, o que sería unha
cantidade millonaria.
Os litixios xudiciais entre as dúas empresas aínda proseguirán durante os
vindeiros meses, pero parece evidente que SCO perdeu a batalla e os usuarios e
desenvolvedores de Linux poden respirar tranquilos.