SIVSA, distinguida co Premio I+D+i en Tecnoloxía Blockchain
venres, 12 de novembro do 2021
O
pasado mes de outubro a empresa tecnolóxica SIVSA, con sede
principal en Vigo, foi recoñecida cunha importante distinción ao
seu labor en materia de recursos disruptivos e avanzados.
Concretamente, recibiu
o Premio I+D+i en Tecnoloxía Blockchain, que salienta as súas
contribucións á seguridade tecnolóxica e a confiabilidade das
ferramentas dixitais a través da súa aposta pola cadea de bloques.
O premio entregouse no marco da quinta edición dos Premios
Tecnoloxía e Innovación, organizados anualmente polo xornal La
Razón.
A
entrega de galardóns, que se celebrou en Madrid, contou coa presenza
de Adrián Alonso, director xeral de SIVSA, xunto a Marta Cubilot,
responsábel de I+D, e Emilia Szydlowska, responsábel de Calidade e
Comunicación.
En
palabras de Francisco Marhuenda, director do xornal, este galardón
quere recoñecer “o valor do traballo e o esforzo do equipo que
tanto representa para a sociedade”. Adrián Alonso, no discruso de
agradecemento, louvo o importante traballo despregado polo seu
equipo, porque “realmente este premio é para eles”. E engadiu:
“O traballo realizado e todo o conseguido até agora só pode
conseguirse se tes un gran equipo”.
A
tecnoloxía de cadea de bloques, para quen non o saiba, achega
recursos avanzados para facer posíbel a transferencia de datos
dixitais dunha maneira integralmente segura, cunha codificación moi
sofisticada que blinda literalmente a información e que non precisa
de intermediarios centralizados que identifiquen e certifiquen esa
información, senón que está distribuída en múltiples nodos
independentes entre si que a rexistran e a validan sen necesidade de
que haxa contacto previo entre eles.