Sada acollerá unha charla de introdución ao software libre

mércores, 29 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Os sadenses poderán participar dun relatorio sobre o software libre no seu Centro de Dinamización da Sociedade da Información o vindeiro 21 de novembro a partir das 18:30 horas e que irá dirixida á xente que non coñeza o concepto do software libre.
Así, durante dúas horas se explicará o que é o software libre e a súa filosofía, darase un repaso da historia do software, comentaranse as distintas distribución de Linux existentes (centrándose logo en Ubuntu), se falará de aplicación informáticas libres (OpenOffice.org, Firefox, Thunderbird e outros) e da posibilidade de ter no mesmo ordenador software libre e propietario.