Samsung non participará na IFA de Berlín

martes, 30 de xuño do 2020 Marcus Fernández

Dende a organización da feira IFA de Berlín anunciaron un complexo plan para reactivar a súa celebración presencial entre os días 3 e 5 se setembro, repartindo ao público en 4 áreas separadas cun máximo de 1.000 persoas/día en cada unha, buscando así cumprir coas normas de seguridade establecidas en Alemaña, e reducir o posible impacto de contaxios por coronavirus.
Aínda que a IFA de Berlín quedaría por debaixo dos 5.000 participantes que esixe a norma xermana, a aspiración de converterse na primeira grande feira tecnolóxica presenciasl posconfirnamento podería verse frustrada se atendemos ao anuncio de Samsung, compañía surcoreana que vén de decidir que non participará no evento deste ano por mor da pandemia, pese a que era unha incondicional da cita europea dende 1991.
A situación lembra o que aconteceu no seu día co Mobile World Congress de Barcelona, ou sexa, que existe o risco de que cada poucos días escoitemos facer de cancelacións de compañías de distintos lugares do mundo até o punto de facer inviable unha celebración presencial dun evento que pode ser un risco sanitario innecesario e, moi especialmente, un problema de imaxe para os participantes, que poden parecer irresponsables por non apostar por formatos en liña nun momento de grande risco de repuntas da COVID-19.

PUBLICIDADE