Samsung terá que pagar 119,6 millóns de dólares a Apple por infracción de patentes
luns, 5 de maio do 2014
Cando en 2012 o proceso xudicial entre Samsung e Apple
fixara a sanción que a
compañÃa surcoreana terÃa que pagar en infraccións de patentes en 1.051.885.000
dólares (que aÃnda está en proceso de apelación) quedaba claro que as
patentes de software (non recoñecidas en Europa) supoñan un atranco moi
superior ás súas vantaxes, e nunha nova causa na que Apple reclamaba a Samsung
2.200 millóns de dólares por danos temos que a cantidade queda
finalmente en 119.625.00 dólares, á vez que o xurado tamén recoñece que
Apple infrinxiu unha patente de Samsung (aÃnda que desta volta só valorou os
danos en 158.400 dólares).
Das patentes comentadas na causa, Samsung só conseguiu demostrar que Apple
violou 1 das dúas patentes que denunciou, mentres que Apple conseguiu que se
recoñecesen infraccións en 3 das 5 patentes supostamente infrinxidas, que
corresponderÃan ao feito de que en certos dispositivos de Samsung houbese aplicacións
que puidesen abrir contidos noutra aplicación a través dunha ligazón, que
puidesen desbloquearse mediante un deslizamento na pantalla (neste caso só un
grupo reducido de terminais) e o uso da función de autocompletar, patentes que
lembremos que non serÃan válidas en Europa, onde considérase que aceptar
patentes deste tipo suporÃa un importante atranco para a innovación.