Sanxenxo incrementou a cifra de inmóbeis conectados á nova fibra de R
luns, 31 de xaneiro do 2022
En
Sanxenxo medrou a familia de fogares e empresas conectadas á
nova fibra óptica da operadora de orixe galega R. O núcleo de
Cachada (132 domicilios e negocios) vén de incorporarse á renovada
infraestrutura de última xeración da compañía no municipio
pontevedrés de Sanxenxo, co que os habitantes da zona xa poden
dispor de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 10 Gbps simétricos
e gozar duns servizos que en palabras da empresa “son os
máisavanzados de telecomunicacións do mercado”.
Os
traballos na Cachada únense aos desenvolvidos con anterioridade para
incorporar en total arredor de 2.000 inmóbeis en diferentes zonas do
municipio, igualmente no marco do Plan Avanza.
Cando
se complete a despregadura de rede neste concello da bisbarra do
Salnés, Sanxenxo contará, só en virtude do programa do Ministerio,
cunhas 2.660 residencias e empresas conectadas ás redes de nova
xeración da operadora.
A
maiores, R leva anos investindo pola súa conta na despregadura de
infraestruturas en Sanxenxo, onde xa dispoñen de cobertura máis de
7.547 fogares e empresas do municipio. Deste xeito, preto de 10.207
(7.547+2.660) será a cifra total de inmóbeis do concello preparados
para gozar dos servizos de última xeración da compañía galega que
se alcanzará ao longo deste ano.
Este
e outros desenvolvementos de rede na provincia de Pontevedra forman
parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de
Asuntos Económicos e Transformación Dixital dos que R resultou
adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH en 512
núcleos de Galicia que non dispoñían de alta velocidade ata o
momento (“zonas brancas”).
No
desenvolvemento do tres plans investirase un total de 10M€, dos
cales preto de 8M€ son subvencionados polos fondos FEDER da Unión
Europea. En concreto, as despregaduras de Sanxenxo enmárcanse no
proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 162
núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da
Coruña e oeste de Lugo) cun investimento total de 3,58M€.