Segundo avanza IBM, os computadores poderán ler o pensamento nun prazo de cinco anos
martes, 20 de decembro do 2011
Os computadores, nun prazo relativamente breve
de tempo, poderán ler o noso pensamento. Isto, un agoiro de IBM, poderá ter
moitas consecuencias positivas para o noso desenvolvemento, aÃnda que tendo en
conta parámetros sobre os nosos gustos e inquietudes como os relativos aos
programas máis vistos da televisión, é probable que desemboque, para comezar,
en moito tempo libre para os computadores. Bromas aparte e segundo avanza IBM no
blog asmarterplanet.com e e en
medios españois como El PaÃs, a lectura da nosa actividade intelectual poderá ser
posible grazas ao rexistro dos procesos eléctricos do noso cerebro a través das
máis innovadoras tecnoloxÃas.
A idea é moito máis positiva do que parece, xa
que terÃa unha gran potencialidade nas persoas con diversidades funcionais ou
motrices, persoas dependentes ou en proceso de rehabilitación que, a través de
sinapsis eléctricas naturais recollidas e interpretadas por equipamentos informáticos,
poderán levar a cabo labores como facer unha chamada de teléfono ou ben avanzar
no seu camiño cara a recuperación. A predición de IBM, que se acompaña dun
escenario futuro onde carrexaremos sensores e programas que saiban interpretar
os datos cerebrais, forma parte da tradicional achega de prognósticos de cada
fin de ano. No caso de IBM, o anterior agoiro complétase con outros catro, todos
eles cun maior ou menor alicerce de optimismo: a cidadanÃa producirá
electricidade por si mesma (cousa que xa está a ver en determinadas cidades
europeas, onde a xente crea luz mentres camiña sobre chans adaptados a
aproveitar movemento), xa non serán precisos contrasinais para acceder a
programas e sistemas (a través de tecnoloxÃas biométricas como a lectura do
iris), a fenda dixital desaparecerá e o correo lixo converterase, por fin, en
información prioritaria. Todas estas predicións están xa na rede con cadanseu vÃdeo explicativo, podéndose votar, no devandito blog,
polas predicións que máis nos gusten.