Senén Barro acompañará cunha lección maxistral a apertura do curso da RAGC
venres, 13 de xaneiro do 2023
A
Real Academia Galega de
Ciencias (RAGC) celebrará este luns, 16 de xaneiro, a apertura
do seu curso académico 2023. Será no Pazo de San Roque, en
Santiago, a partir das 19:00 horas. A sesión incluirá unha lección
maxistral de Senén Barro, director cientÃfico do CiTIUS da USC, que
guindará luz sobre os novos camiños da Intelixencia Artificial e o
papel que pode representar Galicia neste ámbito.
Asistirán
o presidente da RAGC, Juan Lema, e o resto do equipo de goberno da
Academia, outras académicas e académicos e diversas autoridades
como o secretario xeral de Universidades, José Alberto DÃez de
Castro; a subdirectora xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación
Educativa, Inmaculada Fernández; o reitor da Universidade da Coruña,
Julio Abalde; o vicerreitor de PolÃtica CientÃfica da Universidade
de Santiago, Vicente Pérez Muñuzuri; e o presidente da Real
Academia Galega, VÃctor Freixanes; entre outros representantes de
institucións polÃticas, culturais e académicas galegas.
Lección
maxistral
No
transcurso do evento, o académico numerario da Sección de Ciencias
Técnicas da RAGC Senén Barro (As Pontes, 1962) impartirá unha
lección maxistral baixo o tÃtulo Intelixencia Artificial: o noso
último invento. Barro é doutor en FÃsica (premio
extraordinario), catedrático de Ciencias da Computación e
Intelixencia Artificial e director cientÃfico do CiTIUS (Centro
Singular de Investigación en TecnoloxÃas Intelixentes) da
Universidade de Santiago.
Foi
reitor da Universidade de Santiago entre 2002 e 2010, época na que
impulsou o perfil investigador, innovador e emprendedor da
Universidade compostelá e se desenvolveu o Campus Vida, recoñecido
como Campus de Excelencia Internacional en 2009. Foi vicepresidente
da Conferencia de Rectores de Universidades Españolas (2008-2010);
presidente de RedEmprendia de 2010 a 2017, rede de 28 das mellores
universidades de seis paÃses de América Latina, España e Portugal,
orientada á transferencia de I+D e emprendemento universitario.
É
editor ou autor de sete libros e autor de máis de 300 artigos
cientÃficos, vencellados na súa maiorÃa á Intelixencia
Artificial. É socio fundador das firmas Situm Technologies e
InVerbis. En 2020 recibiu o Premio Nacional de Informática José
GarcÃa Santesmases da SCIE-Fundación BBVA.
Durante
o evento celebrarase ademais a toma de posesión da nova comisión
executiva da Real Academia Galega de Ciencias.