Soft Control presenta en Vigo (CONXEMAR) un innovador programa para firmas de conxelados
venres, 2 de outubro do 2015
O
vindeiro 5 de outubro abre as súas portas en Vigo a xuntanza
CONXEMAR
(Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados) e as empresas de
novas tecnoloxías aplicadas ao sector marítimo en calquera das súas
facianas xa se preparan para dar a coñecer os seus achados e
desenvolvementos. Por exemplo Soft
Control, firma con sedes en Madrid e Barcelona, que vai presentar
un programa de seu, MercaNet,
que permite o control exhaustivo da xestión e a produción das
empresas de perecedoiros e conxelados, “tanto nos proceso de
elaboración e distribución coma na análise de datos mediante
cadros de mando”.
Trátase,
pois, dun sistema de seguimento de produtos que achega ás empresas a
posibilidade de ter un coñecemento “completo e real do negocio en
todo intre”. O programa MercaNet, deseñado para o sector
almacenista e comerciante e desenvolvido “coas últimas tecnoloxías
de deseño e bases de datos de Microsoft”, será dado a coñecer na
caseta i3 da Feira Conxemar. A empresa tamén fará fincapé noutra
das importantes funcionalidades da súa ferramenta: subministra
conexión e operatividade mediante PDA, tabletas, balanzas e
Internet. O sistema contempla tamén a posibilidade de realizar
informes de localización de alerta sanitaria, permite a etiquetaxe
para a seguridade alimentaria e a codificación de produtos GS1-128,
(EAN 8, 12, 13 e 14), tanto por referencia de provedor como por
nomenclatura comunitaria.