Softonic despedirá a preto da metade do seu persoal
mércores, 19 de novembro do 2014
Para a
descarga e recomendación de aplicacións informáticas en España tivemos durante
moitos anos como referente a Softonic, compañÃa en grande crecemento até hai
poucos meses, que en 2012 ingresou 52 millóns de euros (o que supuña uns beneficios
de 29 millóns) e incluso ampliara as súas instalacións en Barcelona e anunciara
o pasado verán que Ãa contratar a 120 persoas durante 2014 e pretendÃa cotizar
no Ãndice NASDAQ en 2016, pero as previsións non conseguiron manterse e
finalmente onte iniciou un perÃodo de consultas coa comisión de empregados como
par dun proceso de despedimento iniciado en outubro que afectará a 207
traballadores (preto da metade do cadro de persoal).
A compañÃa asegura que este
proceso atende a razóns económicas, produtivas e organizacionais entre as
que se inclúen cambios no negocio de descargas de escritorio (o que supuxo un
descenso no tráfico e ingresos asociados) e a recente cancelación de
importantes contratos con clientes.
A compañÃa poderÃa ver como no presente ano os seus ingresos caian até os 38
millóns de dólares, o que poderÃa supor uns resultados negativos, e dende
a empresa comunican aos medios que un dos motivos para isto é o cambio de
algoritmos de Google, que reduciu o peso de Softonic nos resultados,
afectando seriamente ao seu tráfico e ao seu negocio principal (a publicidade
en liña).
Pero os argumentos de Softonic parecen pouco sólidos, e actualmente continuamos
a ver como o posicionamento deste servizo en liña continúa a ser moi bo, de
xeito que a situación actual poderÃa ser resultado dunha serie de malas
prácticas dos últimos anos, que estragaron a imaxe da compañÃa e fixeron que os
usuarios deixasen de confiar na mesma. AÃnda que nun primeiro momento Softonic
limitábase a incorporar publicidade bastante molesta que en moitos casos
enganaba ao usuario facendo pasar a anuncios por botóns para descargar as
aplicacións desexadas, o feito de que case forcen ao uso dunha aplicación propia
para a descarga de aplicacións, que intentaba instalar no equipo do usuario
barras de navegación e outro software non desexado provocou un grande
rexeitamento, e incluso pasou a considerarse como unha fonte de malware, de aà que hoxe non sorprenda
que a que era unha das páxinas web máis empregadas a nivel mundial vexa como
ten que someterse a un ERE para poder seguir adiante.