Torvalds achega claves sobre o Linux que está por vir, máis verde
xoves, 7 de febreiro do 2008
Calquera cousa das que temos ó noso arredor pode chegar a ser máis ecolóxica e non por iso levar a cabo a súa función (se a ten) de maneira igual de eficaz (ou igual de inutilmente). Esta máxima que é aplicable ás cousas e ás persoas, tamén o é ós programas informáticos e as tendencias da Sociedade da Información, tal e como vén de sinalar Linus Torvalds, o creador de Linux, para quen un dos grandes obxectivos da comunidade de internautas que representa é a de desenvolver un sistema operativo (o Linux) que, amais de aberto, sexa tamén verde.
Torvalds, que deu a coñecer este compromiso no encontro Linux.conf.au en Australia, sinalou que o kernel vai ser obxecto dunha exhaustiva renovación co fin de minimizar o gasto de enerxÃa que precisa o sistema operativo.
Amais, segundo podemos ver na web de Agnix, informou de que a comunidade Linux seguirá a apoiar iniciativas de creación e distribución de computadores de baixo custo, como por exemplo o eeePC ou os de Nicholas Negroponte, exemplos de equipos que apostan de xeito pleno pola redución do consumo enerxético.
