Sony estreará unha tenda de descargas de pelÃculas para PS3 este verán
xoves, 26 de xuño do 2008
Sony presentou en Tokyo a súa
estratexia financeira para 2008-2010, e entre as principais novidades está que durante
o verán estrearán unha tenda de descargas de vÃdeo dentro da
PlayStation Network, que chegará nun primeiro momento aos EE.UU. e durante o
resto do ano pretenden que chegue a Europa e Xapón. Máis adiante tamén
ampliarán este servizo a outros dispositivos como a PSP ou algúns produtos Sony
Walkman.
Este servizo de descargas de pelÃculas pretenderÃa mellorar os resultados da
división de lecer electrónico de Sony, que leva varios anos arrastrando perdas
(a PS3 aÃnda se vende por debaixo do seu custo de fabricación).