Sora estrea aplicación para Android
martes, 4 de novembro do 2025
Despois do seu lanzamento en iOS hai pouco máis dun mes (converténdose nun fenómeno á altura de ChatGPT), OpenAI acaba de estrear Sora tamén en Android, ampliando asà o acceso á súa ferramenta de xeración de vÃdeo con intelixencia artificial que destaca polo seu sorprendente realismo.
Sora non é só o nome do modelo de vÃdeo de OpenAI, senón tamén dunha aplicación social que ata o de agora estaba dispoñible unicamente en iOS, mais xa pode descargarse en dispositivos Android a través da Play Store baixo o nome Sora by OpenAI.
A aplicación permite crear vÃdeos a partir de descricións textuais ou imaxes de referencia, mesmo incorporando ao propio usuario ou calquera outro que o autorice no resultado final (permitindo agora tamén a integración de mascotas e outros personaxes non humanos). Sora xera vÃdeos cun realismo sen precedentes, o que provocou que moitos clips creados coa ferramenta se fixesen virais nas redes sociais pouco despois da súa chegada a iPhone.
Entre as funcións destacadas, Sora ofrece a posibilidade de xerar vÃdeos completos con son en cuestión de segundos, colaborar con outros usuarios, reinterpretar retos e tendencias, escoller estilos tan diversos como cinematográfico, animado, fotorrealista ou surrealista, e modificar creacións doutros engadindo novas escenas ou cambiando personaxes. Ademais, integra opcións comunitarias que facilitan compartir contidos e descubrir o traballo doutros creadores.
Inicialmente dispoñible só nos Estados Unidos e Canadá, Sora ampliou xa a súa presenza a Xapón, Corea, Tailandia, Taiwán e Vietnam. Non se coñece cando chegará finalmente a Europa, pero cómpre salientar que iso non impide que haxa usuarios empregando conexións VPN para xerar contidos dende o noso territorio, o que permÃtenos comprobar que, en contraste con outros sistemas de xeración mediante IA, Sora é quen de empregar voces en galego moi realistas.
