Spotify proba as subscricións para parellas
xoves, 28 de marzo do 2019
CompañÃas como Netflix fan en moitas ocasións experimentos
nalgúns dos seus mercados locais para probar a recepción dos consumidores antes
novas polÃticas de prezos, e desta volta é Spotify a que está a comprobar se
existe demanda dun plan de pagamento intermedio entre o Premium ordinario e o Plan
Familiar, que custan 9,99 euros e 14,99 euros respectivamente, de xeito que en
territorios como Irlanda poden agora contratar o Premium Duo, un servizo orientado
a parellas, que pagarán 12,49 euros/mes para poder gozar da súa música de xeito
independente.
Con Spotify Premium Duo teremos dúas contas de Spotify independentes, pero unha
única factura, contando con todas as prestacións propias das contas Premium: con
reprodución fóra de liña, sen publicidade e con total liberdade á hora de reproducir
música. Amais, os usuarios que actualmente teñan Spotify Premium e queiran
pasar as súas contas a Premium Duo non perderán os seus datos actuais.
Haberá que ver a aceptación que ten esta nova modalidade, pero parece bastante
probable que vaiamos vela en todo o mundo en breve.