Suop ofrece a súa fibra económica a preto de 25 millóns de fogares e negocios
martes, 28 de novembro do 2023
O operador de
telecomunciacións de baixo custo Suop está a dar un importante paso adiante, xa
que agora, aparte de ofrecer os seus servizos a través da rede de fibra óptica
directa de Orange, tamén opera na rede de fibra indirecta, o que supón chegar até 25
millóns de fogares e negocios coas seus agresivas tarifas.
Como exemplo destas tarifas temos que ofrece fibra de 300 Mbps por 24,89
euros/mes, un combinado de fibra de 300 Mbps con 2 liñas móbiles con chamadas
ilimitadas e 15 GB de datos por 29,99 euros mes, fibra de 500 Mbps con 2 liñas
móbiles con chamadas ilimitadas e 30 GB de datos por 33,99 euros/mes e fibra de
1 Gbps con 2 liñas móbiles con chamadas ilimitadas e 50 GB de datos por 39,99
euros/mes, tarifas ás que poden engadirse liñas adicionais (por exemplo, por 5
euros/mes máis pode terse outra liña con chamadas ilimitadas e 15 GB de datos).
Estamos ante un servizo que carece de compromiso de permanencia e que non
inclúe liña de telefonÃa fixa, o que facilita que sexa unha das propostas máis
atractivos do mercado para usuarios que teñan unha boa cobertura móbil de
Orange.