Super Mario quere marabillarnos co seu novo xogo
venres, 20 de outubro do 2023
Os
amantes das aventuras de Mario máis tradicionais están de parabéns, pois chega
a Nintendo Swith o agardado Super
Mario Bros. Wonder, un novo xogo de desprazamento lateral en 2D que
demostra unha vez máis que Nintendo sabe manter frescos os seus xogos de
plataformas, incorporando moitas novidades para goce dos incondicionais deste
xénero, que conta con moi poucos tÃtulos, de aà que sexa especialmente de
agradecer que o lanzamento dun novo Mario tradicional estea cheo de
sorpresas.
En Super Mario Bros. Wonder visitamos o Reino Flor, onde está a
espallarse o poder da Flor Marabilla, facendo que acontezan cousas extravagantes
e marabillosas, como tubaxes que se moven soas, hipopótamos que aparecerán
dando botes ou incluso que Mario conte con abraiantes transformacións, sendo a
máis destacable na que se converte en Elefante, cunha trompa que pode destruÃr
bloques, atacar aos inimigos e incluso almacenar auga e logo regar con ela.
Mario tamén poderá converterse nunha especie de trade para soterrarse e asÃ
poder atacar por abaixo a inimigos blindados ou espiñosos, ou evitar os perigos;
e incluso tamén será quen de lanzar burbullas que poden atrapar a inimigos ou
poden empregase como plataformas para chegar a lugares de difÃcil acceso.
O xogo tamén conta cunha ducia de personaxes xogables e modos de xogos
cooperativos en local e en liña de entre 2 e 4 xogadores. Un imprescindible
para Switch, que ten todas as papeletas para ser considerado o mellor tÃtulo
para esta plataforma na segunda metade do ano.
Tráiler de lanzamentoo de Super Mario Bros. Wonder