Tecnólogo por un dÃa abre a inscrición da súa segunda edición
venres, 25 de xaneiro do 2019
AMTEGA
abre o prazo de inscrición de Tecnólogo
por un dÃa, unha das iniciativas do Plan de Promoción do Talento
Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, para reducir a fenda a demanda e a oferta de
perfÃs profesionais dixitais en Galicia.
Dirixido
a estudantes de 12 a 17 anos, Tecnólogo
por un dÃa, ofrece a posibilidade de
experimentar en primeira persoa un dÃa de traballo nunha empresa tecnolóxica. Desde hoxe e ata o próximo 8 de febreiro está aberto o
prazo para que o persoal docente inscriba ao alumnado interesado en
participar cumprimentando
o formulario dispoñible no espazo web DigiTalent.
As 65
prazas dispoñibles nesta edición asignaranse aplicando o resultado dun sorteo
considerando as preferencias dos participantes e, posteriormente, serán as
empresas as que se poñan en contacto con eles para concretar a data e o horario
da xornada que resulte conveniente para ambos.
Unha
vez rematado o perÃodo de inscrición, as visitas ás empresas desenvolveranse
entre o 18 de febreiro e 22 de marzo,
datas nas que se acollerá nos 19 centros
de traballo das empresas colaboradoras aos 65 participantes que resulten
seleccionados nesta edición. Ao longo destas xornadas o alumnado participará
directamente das actividades que os profesionais teñan na súa axenda como
sesións de traballo, reunións con clientes e socios tecnolóxicos, etc.
Tecnólogo por un dÃa comezou este curso 2018/19 cunha
gran acollida, rexistrando máis de 100 solicitudes de inscrición de máis de 20
centros educativos distintos. O alumnado participante na primeira edición tivo
a oportunidade de coñecer de cerca a aplicación das TIC en sectores como a administración, a educación, a
industria ou o transporte, entre outras.
Nesta
ocasión, repiten experiencia as organizacións que xa se implicaron no seu
comezo Altia, Everis, Televés e a propia AMTEGA, e cóntase coa participación de
11 novos colaboradores: Coremain, DXC Technology, Orange, R, Sivsa e os socios
do Clúster TIC Galicia 3.14 Financial Contents, Aldaba, Cinfo, Dos Espacios,
Sixtema e Tecalis.