Tecnópole acolle o 23 unha xornada de I+D para firmas da alimentación
venres, 19 de novembro do 2010
As empresas galegas
do sector alimentario reuniranse o vindeiro 23 de novembro no Parque Tecnolóxico
de Galicia (Tecnópole), en Ourense, para afondar
en diferentes frontes innovadoras que teñan capacidade para impulsar este eido
produtivo, frontes entre as que se inclúen as novas tecnoloxÃas da coñecemento.
A xornada, organizada pola Escola de Organización Industrial (EOI), ten o
obxectivo de estimular a innovación entre as empresas galegas do sector da
alimentación, polo que se fará fincapé en diferentes canles e métodos idóneos
para permitir a transformación das ideas en feitos.
Ademais, durante a xornada promoverase o networking entre os empresarios asistentes, de cara a favorecer posibles vÃnculos de colaboración entre as distintas firmas.