Tegnix informa de accións formativas para profesionais sobre Android, LPI e Python
mércores, 29 de febreiro do 2012
Coa chegada de marzo, o Centro de Referencia en Formación de Software Libre da acubillo a unha serie de actividades docentes para mellorar o coñecemento e capacitación dos nosos profesionais perante tecnoloxÃas e servizos de especial relevancia futura. Dase a circunstancia de que esta liña formativa do CRF, asociación de empresas ligada a ASOLIF (federación española de firmas de open source) conta coa participación activa da empresa galega Tegnix, que ostenta arestora a presidencia da devandita federación.
Os cursos iniciais, cóntanos Roberto Brenlla dende Tegnix, son sobre o sistema operativo libre Android e, a continuación, sobre LPI, Python e postgreSQL. É dicir: sobre plataformas e recursos de código aberto de gran potencial para o desenvolvemento tecnolóxico e, en última instancia, o medre das nosas empresas. Segundo informan dende o CRF, o primeiro curso, centrado en Android Esencial, conta cunha importante vantaxe de base: o seu carácter profesional á par que instrutivo. O seu miolo inclúe máis de 15 vÃdeos, 11 unidades temáticas e, ao seu abeiro, unha serie de tests e exercicios sobre o tema a tratar, todo titorizado por persoal docente especializado. Esta primeira achega formativa complementarase cunha acción paralela sobre Android Profesional.
