Teléfonica Dixital e Microsoft Mediaroom crean a Plataforma Global de Vídeo
xoves, 15 de novembro do 2012
- A plataforma estará baseada no servizo Microsoft Mediaroom
Anúnciase
un acordo entre Teléfonica
Dixital e
Microsoft
Corp. polo
que ámbalas empresas unifican forzas para crear a Plataforma Global
de Vídeo (GVP), unha proposta baseada en tecnoloxías chave de
Microsoft como a plataforma Microsoft
Mediaroom,
unha televisión sobre protocolo de internet (IPTV) e plataforma de
software
multimedia.
Este novo proxecto traduciríase na achega de servizos de televisión
tanto en redes xestionadas (IPTV) coma en non xestionadas
(over-the-top),
a escala global e en diversos dispositivos. Cómpre dicir que os
primeiros en probar esta novidade serán Brasil, Chile e España
aínda que -segundo informa Telefónica- a previsión é ampliar
estes servizos a outros países en vindeiros anos.
A
Plataforma Global de Vídeo, co soporte de Mediaroom, fará que os
seus clientes teñan á súa disposición diferentes servizos de
televisión cunha ampla variedade de funcións, tanto a través das
súas redes de banda ancha de alta velocidade como a través de redes
de banda ancha non xestionadas (over-the-top).
Esta novidade consta dunha serie de servizos de televisión e
funcións da mesma, como o control da emisión en directo
(timeshifting)
e a extensión do servizo a outras pantallas (multipantalla), entre
outras cousas.
En
resumo, este pacto centrado na Plataforma Global de Vídeo de
Telefónica quere ampliar a colaboración no eido do lecer de vídeo
e televisión ben en pantallas fixas dende a casa, ben en pantallas
de dispositivos móbiles, fóra do fogar. Engadir que os ditos
servizos estarán a disposición dos usuarios mediante varios
dispositivos: descodificadores de televisión, consolas Xbox 360,
tabletas e smartphones.